
A ferida imaxinaria
Berta Dávila
Sinopsis
«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco para que se produza a primeira eclipse solar total que poderá verse nesa zona do mundo en moito tempo, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. As personaxes desta novela están fuxindo, pero non sempre saben de que. Coma se fosen corpos celestes, inflúense uns a outros sen tocarse. A observación dun acuario, a mentira patolóxica, os foros de internet, a televisión, e a obsesión polas catástrofes, a arte ou a astroloxía, convértense en mundos alternativos, útiles, sobre todo, para non estar neste.
Mi estante
Inicia sesión para valorar este libro, marcarlo como leído o en curso, y guardarlo en tus listas.
Distribución de la Masa
Mis notas
Inicia sesión para escribir notas personales sobre este libro. Son privadas: solo tú podrás verlas.
Masa Crítica · ficha de libro

