
Asasinato no Consello Nacional
Diego Ameixeiras
Sinopsis
Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do BNG, cando saia da reunión do Consello Nacional. Nesa reunión, a executiva, co seu voceiro Oscar Quiroga á cabeza, presentou a sua dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois da seis da tarde, cando Dacosta se dispuña arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículos Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza provocándolle a morte.
Fernando Xelmírez, secretario xeral da UPG, partido integrado no BNG, e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "camara insustituible e extraordinario patriota galego". Horas antes do crime Oscar Quiroga anunciara a sua dimisión no Consello Nacional cónclave no que tamén presentou a renuncia toda a Executiva. Abriase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de março, cuxos resultados devolveron a maioria absoluta ao Partido Popular en detrimento do goberno bipartito formado por PSOE-PSG e BNG.
Alberte Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoistas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado con a Guerra Civil.
Mi estante
Inicia sesión para valorar este libro, marcarlo como leído o en curso, y guardarlo en tus listas.
Distribución de la Masa
Mis notas
Inicia sesión para escribir notas personales sobre este libro. Son privadas: solo tú podrás verlas.
Masa Crítica · ficha de libro

