
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete
Alfonso Daniel R. Castelao
Sinopsis
Primeira obra narrativa de Castelao. Publicada no 1922 co subtítulo “Memorias dun esquelete”. No prólogo diríxese ao lector o propio Castelao, que explica cómo atopou as memorias do esquelete que seguen a continuación. Éstas son unha serie de secuencias narrativas que non gardan outra unidade que a de estaren contadas por un mesmo narrador (o esquelete, que lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas do cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido. A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta obra, coma no resto de obras de Castelao, unha dose de tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da súa concepción do humor a súa cita de Mark Twain inserida por Castelao no inicio do libro. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil.
Mi estante
Inicia sesión para valorar este libro, marcarlo como leído o en curso, y guardarlo en tus listas.
Distribución de la Masa
Mis notas
Inicia sesión para escribir notas personales sobre este libro. Son privadas: solo tú podrás verlas.
Masa Crítica · ficha de libro

