Masa CríticaInicio
Portada de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso
Ficha de lectura

Vigo a 80 revolucións por minuto

Emilio Alonso

2011 384 págs. 1 valoración
Valoración de la Masa
0

Sinopsis


Vigo a 80 revolucións por minuto é unha crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Alonso, colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo, acabada a sociedade de saír dunha ditadura de corenta anos, con mobilizacións continuas de traballadores contra a reconversión do sector naval, con protestas estudantís en defensa dos seus dereitos, coa proliferación das drogas e as súas consecuencias... O 27 de decembro de 1981, no cine do Colexio Salesianos, celebrouse o que se pode considerar "acto fundacional" da movida o primeiro concerto de Siniestro Total (con Julián Hernández, Miguel Costas, Alberto Torrado e Germán Coppini) prendeu a chama deste fenómeno que deixou unha forte pegada no desenvolvemento cultural de sucesivas xeracións. Nesta obra, cunha extensa e variada documentación gráfica e xornalística, ademais de falar da música, parte esencial da movida, concédeselle a relevancia que merecen a outras disciplinas como a poesía, a pintura, a moda e a estética, o teatro, a fotografía, o cine... E tamén ao xornalismo radiofónico e aos fanzines que difundían todo o que abrollaba na cidade atlántica que se chegou a converter por uns anos na referencia cultural da mocidade de toda a Península.

Mi estante


Inicia sesión para valorar este libro, marcarlo como leído o en curso, y guardarlo en tus listas.

Distribución de la Masa

1 voto

0255075100
Más bajaMás alta
Masa81

Mis notas

Privadas

Inicia sesión para escribir notas personales sobre este libro. Son privadas: solo tú podrás verlas.

Masa Crítica · ficha de libro

Cómpraselo a tu librero